jueves, 30 de abril de 2009

UVAS DE CAN

UVAS DE CAN. Tamén chamadas UVAS DO CAN (Tammus communis), planta herbácea das discoráceas, rubideira, de flores amarelas e talo sen pelo. Tamén coñecida como herba da pedra. (Cumio).

Máis información:

martes, 28 de abril de 2009

ROMPEN AS ONDAS... (LICENCIA POÉTICA)

























ROMPEN AS ONDAS...

Aos afogados de A Lanzada.

I
ROMPEN as ondas da marea altiva
tinxindo a area anacarada
de ocre, bucinas e coios brancos.

Consecutivas, xorden as ondas encristadas,
obstinadas no devalar do Mar.
Teimudas na repunta do abalar
voan moreas de pingas diminutas
fuxitivas, tecedoras de ronseis,
fouleando arcos da vella fantásticos,
efémeros e fuxidíos no aire
largacío, cara un ceo ovellado:
¡Nigromántico nubeirón cenotáfico
agoireiro do trasno maléfico!

Secuencia de luces e tronos:
Lóstregos hieráticos fenden Mar e ceo,
amosan tornados da treboada.
(O vento nevisqueiro conxélame a faciana).
Prateadas blondas ondulantes
nacen de seda, rompen e morren de cólera.
Unha tras outra, paralelas...
Encristadas, borran pertinaces
pegadas e máis pegadas,
até chegaren a min, ouh Tespíades.
¡Nin me movo do pánico que sinto!
Chegan do estrondo remoto,
son branca escuma e liques do fondo
-coma quen non quere a cousa-,
lambendo lambisqueiras as dedas dos pés
conforman xélidos trasmallos
de algas, iodo, salitre e fargallos;
Compresas con ás irreductibles,
excrementos, plástico e impagos.

Mesturado todo coa nebriña,
é gaiola do Atlántico Mar
ágarimoso, feiticeiro, xogando cos nocellos.
Rubindo polos papos, coxas e cadeiras,
coma unha taifa tanática de sereas
enguedelladas a voltas e viravoltas:
¡Perversa resaca cabrona que sentencia
e atenaza, incapaz da indulxencia!

II
BATE AS ÁS entolecido un birrio
pendurado no ar cara ó neboeiro.
Xorde da inflorescencia
das camariñas, do herbal de namorar,
dos cardos ribeiregos e caraveliños do mar,
dos codesos inda con chorimas,
das poutas de león, das uvas de can,
do ergueito verbegán,
da herba empreñadeira;
Xorde da fel da terra e da herba pulgueira...

Espantosos soan os trinos do birrio.
Perforan tímpanos e moleira.
Como atafal feríndome os miolos.
Son malos agoiros que tornan
ao resón de Ons. Do Alto do Cabalo;
Da costa escarpada de Monteagudo
parten as blondas de seda irisada
que agora me levan preso,
neste Mar de fondo, nesta maruxía...

Corvos mariños moñudos
peitean cristadas de loito.

-Aí van, un outro, outro... outro
¡Negros! Non sei cantos
nin canto tempo levo nesta deriva
atrapado nos brazos da morte.

Sen forzas nin ánimo para loitar
a vontade vaise rachando.
A tristura provoca angustias e pranto.
¡Non pode ser este o meu final,
o meu adeus ás estrelas... O meu sinal!

Máis, sinto o cansazo na ialma
e, certo pracer na intención do abandono
invadíndome ao chío das gaivotas ridoras.
¡Ao berro do birrio, un falcón peregrino
sobrevoa o intre certo da morte!

Ao cerra-los ollos ledamente,
as augas frías son confortable leito,
manseliño berce, mergullado no fondo negro
do repouso final recorfortante.

¡Canta dozura hai a carón da morte!
¡Canto medo van ao tela en fronte!

III
BERRA O BIRRIO infernais ladaíñas:
¡Aturuxo salvaxe escatolóxico!

Énchese todo de estames de estigmas;
Demochos e seres malignos
aspaventan. Desfilan as "mantidas",
ofrecidas e afogadas de Os Praceres;
Os espectros dos devanceiros, dignos,
acoden curiosos onda os céfiros, catalinas e pouvanas;
Todos van caladiños, a miña Compaña...

Son materia enriquecida en suspensión
para proveito da comunidade mariña:
Centolas, lagostas, percebes,
vieiras, nécoras, polvos, sardiña;
Cabaliños do Mar... Escualos;
Linguados, róbalos, marolas e bolos;
Esqueletos de barcos afundidos,
de homes e mozos afogados
reberetados de corais, ourizos e liques:
¡O maior centro pesqueiro do país!

IV
AS BLONDAS
de seda iriscentes
que lamben churrusqueiras
os areais de A Lanzada,
pousan a cotío no devalar meigo
AS PALABRAS DOS MORTOS,
eiquí, na area anacarada
tinxida de ocre, bucinas e coios brancos
onde eu fico, perdido na noitebra,
no arroró doutras noitebras e soidades.

V
ESTIVEN
, seica, a falar cos mortos.
Falando con eles sigo
e, seguirei neste verán sen xeito
de ventos, maruxías e terremotos.

Poema inédito de Pacodíaz.

Pontevedra, 11 de setenbro de 2002.

Fotografía: Efectos do prestige. (Autor descoñecido)


lunes, 27 de abril de 2009

EL GOBIERNO RECURRE LA LEY DE VIVIENDA DE LA XUNTA DE GALICIA

La Asociación Ecologista "SALVEMOS PONTEVEDRA" recurre la Ley...
EL CONSEJO DE MINISTROS acordó ayer (17/04/2009) recurrir ante el Tribunal Constitucional la parte de la Ley de Vivienda gallega (disposición adicional segunda) que legalizaba miles de viviendas en primera línea de playa. La norma fue una de las últimas iniciativas del ex presidente socialista Emilio Pérez Touriño.

El recurso ha sido elaborado de conformidad con los informes de los Ministerios de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, y de Política Territorial, y cuenta con el dictámen favorable del Consejo de Estado.

El Gobierno con este recurso ante el Constitucional da un aviso a comunidades como Canarias que seguían el mismo camino.

La ministra Elena Espinosa (29/04/2009), aclara a los representantes de los "afectados de los núcleos del litoral de Marín" que, las edificaciones existentes dentro de la franja de servidumbre de protección, construidas antes de la entrada en vigor de la Ley de Costas, no pierden la titularidad ni son expropiadas por ésta. Aclara además, que en ellas se pueden solicitar y realizar obras de conservación y mejora, sin que ello suponga, en ningún caso, la ampliación de la edificación existente.


VER ANTECEDENTES EN EL BLOG:
(El anterior enlace está pendiente, a su vez, de varios enlaces, que son documentos originales que sirven para situar a los intoxicadores, "políticos corruptos" en el lugar que les corresponde.

LOS INTOXICADORES: Personajes que al amparo del cargo público intoxican y contaminan el ambiente, creando en los "INFRACTORES DE LA LEY DE COSTAS" (que no afectados) falsas expectativas e ilusiones, con especial ímpetu y descaro, coincidiendo con épocas electorales, llegando incluso a provocar que, el Parlamento gallego apruebe textos inconstitucionales (decretos y leyes), sólo encaminados a resolver sus propios intereses particulares y familiares y de partido, en el litoral gallego:


domingo, 26 de abril de 2009

O ESCALO. O PEIXE (EL PEZ)

O ESCALO, CACHO, CACHUZO, XARDO. O PEIXE (EL PEZ):

No noso traballo sobre o río Toxa, no apartado da fauna, esquecimos o escalo. ¡O peixe! (Chondrostoma polylepis ou, Squalius carolitertii). A bo seguro que son moitas al lagoas que temos a cotío. Tivémola nese traballo e terémolas en calquera outro no noso empeño por contar cousas. Non somos biólogos nin zoólogos, nin nada que se lle pareza, pero o peixe que nos acompañou desde meniños na nosa andaina -coñecéndoo dabondo-, ben merece unha cura de humildade e telo incluido con tódolos honores neste apartado -sen pretensiones científicas-, como integrante da fauna do río Toxa e do Xallas, aínda que, grazas as especies invasoras e aos verquidos contaminantes urbanos e industriais, fique esnaquizado sen misericordia por milleiros e milleiros.

Tamén cómpre subliñar a anguía (tamén escasa nestas latitudes), e amentar que, a cunca do Deza e unha das máis salmoneiras de Galicia. O río Deza, onde desemboca o Toxa a cachón (fervenza do Toxa), constitúe a verdadeira cabeceira para o ascenso de salmónidos. Ademáis do salmón e da troita, atópase en menor medida lamprea e solla.

Máis información sobre o peixe:

martes, 21 de abril de 2009

RÍAS GALLEGAS RESERVA DE LA BIOSFERA

Ría de Arousa por Nando
Ría de Arousa de Ferrazo
"El Tribunal Supremo ha confirmado que los depósitos de hidrocarburos levantados en el muelle de Ferrazo, junto a unos bancos marisqueros en Villagarcía de Arousa, fueron tramitados sin los preceptivos estudios de impacto ambiental, por lo que declara nulas de pleno derecho las resoluciones de la Consellería de Industria que autorizaron en 2000, bajo el Gobierno de Manuel Fraga, las instalaciones de almacenamiento de productos químicos y petrolíferos a las empresas Finsa y Foresa". (El País23/04/2009).

Es imprescindible su desmantelamiento inmediato dado el peligro existente para la salud de las personas y para el medio ambiente. ¡Enhorabuena al colectivo "Defensa da Ría de Arousa"!


Próxima entrada:

domingo, 19 de abril de 2009

miércoles, 8 de abril de 2009

CRIME. DELICTO ECOLÓXICO, FAUNA E FLORA NO TOXA E NO XALLAS

CRIME. DELICTO ECOLÓXICO, FLORA E FAUNA NAS FERVENZAS DO TOXA E DO XALLAS:

RÍO TOXA. No corazón da comarca do Deza, nun paraxe de grande interese ecolóxico e cultural premido nos cursos fluviais dos ríos Deza, Liñares, Ulla e Arnego, ademáis da espectacularidade do salto de auga de 50 metros de altura (FERVENZA DO TOXA), atopamos toda a beleza e misterio do bosque de ribeira, frondoso e variado gracias á levedade do clima (confluencia dos climas dominantes atlántico ou eurosiberiano e mediterráneo) e a elevada humidade ambiental, cuberto de multitude de fungos e liques e un ar fantasmagórico nas bretemosas mañanciñas da invernía cotía galega.

A Lagoa Sacra de Olives, preside o val do río Curantes, coa pequena fervenza do Bico de Curantes a carón da Pena do Foxo.

No curso baixo do Arnego, antes da desembocadura no Ulla, localízanse frondosas manchas de sobreiras. A fraga de ribeira goza eiquí de variedade forestal: carballo autóctono, castiro, abraira, abidueira, sobreira, aciñeira, salgueira, loureiro e, un que outro morogueiro. O sotobosque é xeneroso, exuberante, remata nas zonas máis húmidas con diversas clases de filgueira, edra...

A fauna está íntimamente ligada a os cursos fluviais, cunha grande poboación de londra, merlo acuático, martinete (picapeixes), porco teixo, rabisaco, donicela, lagarto verdinegro, garzas, paporoibos, carboneiros e mil paxaros máis. As elevadas cornixas graníticas están poboadas por especies de importancia ecolóxica coma o falcón peregrino o lagarteiro e o corvo. Tamén seica o cuco aínda cuca á primavera.

Entre os peixes, procede destacar a importancia troitera de ámbolos dous ríos (troita común), en seria regresión.

RÍO XALLAS. O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace no monte Castelo (Coristanco), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma límite entre Mazaricos, carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na ensenada do Ézaro, formando unha fervenza de máis de 100 metros de caida libre rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. Actualmente, a fervenza está seca (pechada). As augas encoradas céibanse os domingos do verán ao medio día e, desde 2006 -pola xenerosidade dos donos do río-, os sábados á noite nun espectáculo de luminoso.

O caudal do Xallas, conta cos afluentes: O Bazar, Castiñeira, A Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Donas, Guisande, Vilar García, entre outros, mantense constante por causa dos numerosos encoros que nel teñen construido Carburos Metálicos, hoxe FerroAtlántica. O encoro más importante (o meirande) é o de Fervenza, que data dos anos 60. En Ponte Oliveira existe outra central hidroeléctrica. Máis abaixo, atópase o encoro de Santa Uxía, construido nos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo.

Toda a zona ten un enorme interese xeológico pola súa marcada erosión fluvial e eólica. No Monte Pindo aínda despois dos devastadores incendios que o asolaron, mantense firme o carballo negral con asociacións vexetais como a arandeira (herbas dos arandos), xilbarbeira, etc., como símbolo milenario da terra galega, ademáis do acivro, loureiro sanguiño, piñeiro de repoblación e, o ameneiro (árbore esencial no mantemento dos cauces fluviais de Galicia, que demanda protección urxente), xunto con toda a flora característica da ribeira fluvial e litoral.

No entorno do río Xallas abunda o parrulo (ánade) real, a galiñola negra, o mergullón, a garza cincenta e a londra. en menor medida o gabián, miñato, papoazul, esquío e vacaloura (ésta última, en inminente perigo de extinción, a pesar de ser unha especie protexida internacionalmente).

Eilí onde estea o bosque autóctono habita a xineta, sendo asemade tamén común o ourizo cacho, lagarto verdinegro, a cobra de auga e a víbora de Seoane. Outro tesoro endémico, máis abondoso no Tambre, é o sapo de esporóns (incluido no Decreto da CE como Especie Animal de Interese Comunitario que Require Protección Estricta). E a saramaganta, entre outros.

Pero a raiña do río é a troita común http://www.usc.es/banim/doc/Hidrobiol/docs/invest01d.htm, que a pesares de todo canto se leva feito para a súa extinción, neste río, aínda sobrevive. Seica por pouco tempo (andan a repoboar equivocada e inútilmente o río con troitas contaminadas), daquela culminarase o CRIME ECOLÓXICO DO XALLAS, xa que non se trata de rematar coas troitas dun río, que xa abondaría, senón que, neste caso, as troitas esnaquizadas constitúen unha especie única. Son peixes de río que non teñen a influencia do mar no seu ADN. O río Xallas é un río especial, "quizais único no mundo": desemboca no mar pero en fervenza de caída libre dende máis de 100 metros de altura; as mareiras non afectan ao seu curso e tampouco suben outros salmónidos (reo e salmón), nin outros elementos vivos contaminantes.

Galicia ten a costa máis quebrada, versátil e rica de Europa: 1.700 kms., de lonxitude, diversidade de Rías (que deberían estar xa declaradas Reserva da Biosfera e Patrimonio da Humanidade), de ecosistemas, de microclimas e de paisaxes, que supoñen un tesouro natural de valor incalculable e irrepetible. Pero os Gobernos de Franco e os sucesivos da "nosa democracia", só teñen unha teima: devasta-lo todo a calquera precio.

Bibliografía consultada:


Incluirei calquera aportación que se me achegue para ilustrar este breve traballo.
Continuará:


lunes, 6 de abril de 2009

viernes, 3 de abril de 2009

EDAR DEL RIO LAGARES II (VIGO) LAS FECHORÍAS DE CRISTINA PAZ CURBERA, JEFA DE COSTAS DE PONTEVEDRA

09/03/2009 ANUNCIO publicado en el Boletín Oficial de Pontevedra (BOP), por el que se hace público el plano de definición provisional de la línea probable de deslinde entre los vértices 382 y 428 del deslinde aprobado por O. M. de 18/12/2003 en la desembocadura del río Lagares, t. m. de Vigo.
RESUMEN DE LAS ALEGACIONES:

"...Entendemos pues que hay una utilización torticera e inaceptable de la Disposición Transitoria 18 del Reglamento de Costas, cuyo contenido y finalidad (SÓLO EN TRAMOS DE COSTA QUE CARECEN DE DESLINDE APROBADO) son radicalmente distintos a aquel para el que se pretenden utuilizar.


En el fondo de todo el expediente subyace un intento de "legalizar" o dar cobertura legal a la ubicación de la actual y de la futura EDAR DEL RÍO LAGARES, mediente la modificación de la línea de deslinde, actuación que además de la inmoralidad que conlleva, es radicalmente ilegal (At. 44.5 de la L.C.), pudiendo incluso derivarse de la misma responsabilidades penales para quién consienta en ello...

No es de recibo que una actuación sobre un paseo marítimo de unos 0,5 km. de longitud y una superficie de 0,1 hectáreas tenga como consecuencia una pérdida de superficie de la ribera del mar de más de 4 hectáreas. Ello sólo puede obedecer a que, so pretexto de la consolidación del paseo (que como ya se ha dicho no se explica), se busca excluir del demanio público natural las instalaciones de la EDAR situada en la desembocadura del Río Lagares, instalación que, como nos ha informado el propio Ministerio de Medio Ambiente, vio en 1989 su solicitud de concesión de ocupación del dominio público marítimo-terrestre denegada y no consta que tenga títiulo habilitante."

ANTECEDENTES EN ESTE BLOG:

Ver todo sobre la EDAR del río LAGARES: