lunes, 11 de mayo de 2009

HERBA MOURA, HERBA NEGRAL, HERBA DE SANTA MARIÑA, HERBA DAS BAGAS, ¡UVAS DE CAN!

"Xa me fixarei, agora mesmo non caio". Este comentario de Vilagonde (04/05/2009 - UVAS DE CAN) fíxome cavilar e, decateime que tiña razón a miña sabia amiga descoñecida. Segundo os doutores en bioloxía Luis Alberto Sanmartín e Helena Lago en Guía da flora do litoral galego: herba moura, herba negral, herba de Santa Mariña, herba das bagas, UVAS DE CAN (Solanum nigrum), é unha herba anual, subglabra ou pubescente de floración entre xuño e outubro.

CARACTERÍSTICAS: Talo ergueito, de ata 60 cm, ramificado. Follas pecioladas, ovaladas, a rómbicas ou lanceadas, enteiras ou sinuado-dentadas, de base cuneada. Flores agrupadas en cimas de 5-10 flores. Cáliz urceolado con 5 dentes obtusos. Corola rotácea, branca, de 8-15 mm de diámetro. Estames exertos que se insiren no tubo da corola, anteras amarelas. Froito en baga verde ou negra de 6-10 mm xeralmente máis ancha que alta. As bagas conteñen solanina e son velenosas.

Esta é a herba do meu poema ROMPEN AS ONDAS...

O DÍA DAS AVES (09/05/2009)

A pita do monte (el urogallo) ou, segundo o seu nome científico Tetrao urogallus é unha ave Galiñácea en perigo de extinción. Na Escandinavia, rexión do Báltico e Rusia, polo contrario goza de boa saúde. Biolóxicamente considérase unha relíquia da era glaciar. En España, na actualidade é unha especie protexida. (Fotografía de autor descoñecido).

Pavo Real por Caggiao
Este pavo real de peito azul non fica en perigo de extinción. É fonte de crencias e tradicións: No induismo serve de montura a Kārttikeya o Skanda, o deus da guerra. No sur da India e Sri Lanka relaciónase con deidades locais ou co poder do trono, e como inspiración de pasos de baile en danzas folclóricas. É un animal de extraordinaria beleza. Din que cando desprega a cola é sinal de que vai chover.

ENLACE RECOMENDADO: