domingo, 26 de abril de 2009

O ESCALO. O PEIXE (EL PEZ)

O ESCALO, CACHO, CACHUZO, XARDO. O PEIXE (EL PEZ):

No noso traballo sobre o río Toxa, no apartado da fauna, esquecimos o escalo. ¡O peixe! (Chondrostoma polylepis ou, Squalius carolitertii). A bo seguro que son moitas al lagoas que temos a cotío. Tivémola nese traballo e terémolas en calquera outro no noso empeño por contar cousas. Non somos biólogos nin zoólogos, nin nada que se lle pareza, pero o peixe que nos acompañou desde meniños na nosa andaina -coñecéndoo dabondo-, ben merece unha cura de humildade e telo incluido con tódolos honores neste apartado -sen pretensiones científicas-, como integrante da fauna do río Toxa e do Xallas, aínda que, grazas as especies invasoras e aos verquidos contaminantes urbanos e industriais, fique esnaquizado sen misericordia por milleiros e milleiros.

Tamén cómpre subliñar a anguía (tamén escasa nestas latitudes), e amentar que, a cunca do Deza e unha das máis salmoneiras de Galicia. O río Deza, onde desemboca o Toxa a cachón (fervenza do Toxa), constitúe a verdadeira cabeceira para o ascenso de salmónidos. Ademáis do salmón e da troita, atópase en menor medida lamprea e solla.

Máis información sobre o peixe: